As solicitudes poderán presentarse ata o vindeiro 9 de outubro de 2026. Na solicitude, os estudantes poderán indicar ata un máximo de tres ofertas por orde de preferencia.
O período de prácticas terá unha duración mínima de 125 horas (equivalente a 5 ECTS) e máxima de 750 horas (30 ECTS), a realizar nun prazo máximo de 6 meses. A equivalencia para efectos de matrícula establécese en 1 ECTS por cada 25 horas de práctica. A xornada laboral non poderá superar as 8 horas diarias nin as 40 semanais.
As titulacións nas que se ofertan estas prácticas inclúen Bioloxía, Química, Bioquímica, Biotecnoloxía, Física, Matemáticas, Robótica, Matemáticas e Física (Dobre Grao), Enxeñaría Informática e Matemáticas (Dobre Grao), Veterinaria, Administración e Dirección de Empresas (ADE), Economía, Empresa e Tecnoloxía, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Filoloxía Clásica, Lingua e Literatura (Española, Galega, Inglesa e Moderna), Historia da Arte, Xeografía e Ordenación do Territorio, Historia, Dereito, Óptica e Optometría, Enxeñaría Forestal e do Medio Natural, Enxeñaría Civil, Enxeñaría Agrícola e Agroalimentaria, Enxeñaría de Procesos Químicos Industriais, Enxeñaría Química, Nutrición Humana e Dietética, Psicoloxía, Pedagoxía e Educación Social.
Ademais, tamén poden concorrer á convocatoria estudantes dos mestrados en Innovación en Nutrición, Seguridade e Tecnoloxía Alimentaria, Xestión da Arte e o Patrimonio Cultural, Biodiversidade Terrestre, Bioloxía Mariña e Psicoloxía.




