O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo unha reunión coa nova presidenta da Asociación Empresarias Galicia, Gala Llano. O encontro serviu para a presentación oficial de Llano tras o seu recente nomeamento e para abordar as principais liñas de actuación previstas pola entidade.
Durante a xuntanza, analizaron as estratexias da asociación enfocadas a fortalecer o papel das mulleres no desenvolvemento do tecido empresarial galego. Tamén se abordaron actuacións destinadas a estreitar a colaboración entre ambas institucións.
O obxectivo principal é explorar posibles iniciativas conxuntas que beneficien tanto ao sector empresarial como á comunidade en xeral.




