A gala, presidida pola alcaldesa Lucía Calvo de la Uz, contou coa presenza de numerosas autoridades, incluíndo o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices; o conselleiro de Educación, Román Rodríguez; o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño; e a reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras.
A rexedora eloxiou o traballo dos catro premiados, destacando que dedican parte da súa vida a mellorar a sociedade e a deixar pegada na historia, converténdose en "pezas importantes da nosa Galicia actual e cómpre que tamén sexan embaixadores do seu propio Concello".
Calvo subliñou que estes galardóns son unha ferramenta para visibilizar a riqueza local e incrementar o patrimonio cultural do municipio, afirmando que "se algo nos identifica coa nosa terra é a paixón coa que falamos dela e de como presumimos do noso".
Os galardoados deste ano súmanse a unha lista de recoñecidos polo Concello de Teo que inclúe nomes como Manuel Quintana Martelo, Paula Carballeira, Roberto Vilar e Rafael Romero Masiá, entre outros.




