O evento, que terá lugar ás 17:00 horas, está dirixido a empresas, startups e profesionais vinculados á cadea de valor da enerxía. Durante a xornada, os responsables explicarán os obxectivos da iniciativa, os requisitos para participar na súa primeira convocatoria e os servizos de acompañamento estratéxico que recibirán os proxectos seleccionados.
A programación inclúe unha ponencia sobre a importancia da cooperación e a intelixencia natural para acadar unha transición enerxética eficiente. Ademais, as entidades impulsoras do programa, Asime e Cluergal, detallarán as liñas de actuación desta aceleradora, promovida pola Xunta de Galicia.
O programa BFEnergy céntrase en apoiar iniciativas relacionadas coa descarbonización industrial, a eficiencia, o almacenamento enerxético e as tecnoloxías sostibles. Os interesados en participar na primeira edición teñen de prazo ata o 8 de outubro de 2026 para presentar as súas candidaturas.




