Na Zona C, dará comezo o Observatorio de ideas e textos de literatura e astronomía. Este obradoiro, promovido pola AELGA co apoio do Concello de Santiago e coordinado por Estíbaliz Espinosa, busca explorar as conexións entre ciencia, poesía e imaxinación a través do fenómeno da eclipse solar. A actividade, de balde e con inscrición previa, xa ten todas as prazas esgotadas.
Pola noite, ás 21.45 h, a Praza do Obradoiro será o punto de partida e chegada da XII Corresan Nocturna Cidade Vella. Na entrega de premios participarán a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro.




