O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, presentará ás 11.00 horas na Casa do Concello o proxecto de vivendas municipais na Caramoniña. Na rolda de prensa tamén participarán membros do estudo Estar Arquitectos.
Pola súa banda, a concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, visitará ás 11.15 horas a tenda de moda infantil Tralalá, situada na rúa de Xeneral Pardiñas. Esta visita enmárcase na campaña "12 Comercios, 12 Sensibilidades".
Pola noite, ás 20.00 horas, a Praza da Quintana acollerá a presentación de [Royal](https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/royal-0), un espectáculo de circo-danza que combina clown poético, acrobacias, equilibrios e danza. A proposta, dirixida a todos os públicos, promete ritmo, humor e emoción.
O acceso ao evento na Praza da Quintana será libre ata completar a capacidade.




