O lume orixinouse ás 14:06 horas deste sábado e está a ser combatido preto da saída 224 da A-52, en dirección ao polígono de San Cibrao.
Para a súa extinción, desprazáronse ata a zona un axente forestal, tres brigadas, unha motobomba e un helicóptero. Os efectivos traballan para controlar as chamas canto antes.
A intervención rápida busca evitar a propagación do lume, nunha xornada marcada polas elevadas temperaturas na provincia de Ourense. Polo momento, non hai estimación da superficie afectada.




