O galardón, creado en 2022 pola Deputación da Coruña e o Instituto de Estudos e Investigación Psicosocial Xoán Vicente Viqueira, ten como obxectivo recoñecer a traxectoria dunha vida dedicada á investigación en ciencias sociais. O premio leva o nome de Xoán Vicente Viqueira Cortón (1886-1924), primeiro catedrático de psicoloxía en Galicia e impulsor das Irmandades da Fala, figura destacada do pensamento galego que foi dedicada no Día das Letras Galegas de 1974.
Jesús Salgado Velo, catedrático de Psicoloxía do Traballo e Recursos Humanos e decano da Facultade de Relacións Laborais, acumula unha ampla lista de recoñecementos na súa disciplina. Entre eles destacan o Premio Nacional de Psicoloxía da Academia Psicoloxía de España (APE) e a Federación Iberoamericana de Academias de Psicoloxía (FIAP), así como a Medalla Domingo García-Sabell Rivas en Ciencias Sociais da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC). Ademais, foi galardoado co XXX Premio TEA Nicolás Seisdedos de investigación do Consello da Psicoloxía de España.
A súa traxectoria tamén está recoñecida internacionalmente, sendo nomeado Fellow da American Psychological Association (APA), da Society For Industrial and Organizational Psychology (SIOP) e da International Association Applied Psychology (IAAP).




