A Central de Coordinación do 061, responsable dos servizos prehospitalarios de urxencia en Galicia, rexistrou nestes días 72 chamadas relacionadas con accidentes de tráfico. Estas alertas deron lugar a 51 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061, que atendeu a un total de 65 persoas.
A distribución por xénero entre os atendidos foi do 71% de homes e do 29% de mulleres. En canto ás idades, destaca que o 35% dos feridos tiña entre 15 e 29 anos.
Por provincias, Pontevedra foi a que máis sinistros rexistrou, con 22 accidentes de tráfico durante o período analizado. Séguenlle A Coruña con 19, Lugo e Ourense con 5 cada unha.
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos da Central de Coordinación do 061 foron 64. Destacan as oito asistencias realizadas por ambulancias de soporte vital avanzado, as 51 de soporte vital básico e as cinco asistenciais de Atención Primaria.
Do total de incidentes, en 51 casos os feridos foron trasladados a centros sanitarios. Noutras 11 ocasións, a atención realizouse no propio lugar do incidente, mentres que tres persoas faleceron no punto.




