O impacto económico de Navantia na provincia da Coruña, cun 2% do PIB, supera ao dos estaleiros da baía de Cádiz (2,3%) e Cartaxena (1%). Na ría de Ferrol, a compañía sostivo o 2,4% dos postos de traballo totais e o 22,1% dos de carácter industrial.
O documento tamén subliña os avances en obxectivos de sostibilidade, cunha redución da intensidade de emisións do 11,5% respecto ao ano anterior e un índice de valorización de residuos do 83%.
A descarbonización da actividade de Navantia pasou de 7,56 toneladas de dióxido de carbono equivalente por millón de euros de actividade en 2024 a 6,69 en 2025. Esta cifra consolida a tendencia de redución sostida e reforza a folla de ruta cara á neutralidade climática prevista para 2040.




