Dous fundadores saídos de primeira liña O que distingue a D-IA non é un currículo académico, senón a experiencia de primeira liña dos seus fundadores. Pau Rodríguez comezou a emprender aos 17 anos e traballou de camioneiro, repartidor e mozo de almacén antes de fundar a compañía. Martin Toledo, autodidacta, pasou polo almacén de Amazon, por Jysk e por catro anos en Audi e Volkswagen, onde aprendeu a traducir tecnoloxía complexa a persoas non técnicas. "Coñecemos o caos dende dentro, non dende un libro", resume Rodríguez.
Un método propio: O.T.T.O
O corazón de D-IA é o O.T.T.O (Orquestración Total do Tempo e das Operacións), un método que se desprega en tres pasos: primeiro diagnostican as friccións da empresa, despois redeseñan os procesos e finalmente os automatizan con e sen intelixencia artificial, sempre con ciberseguridade e cumprimento do RGPD integrados por defecto. Segundo a compañía, o obxectivo é reducir ata o 80% das tarefas repetitivas para que os equipos poidan dedicar o tempo recuperado ao traballo que achega valor. O.T.T.O non é só tecnoloxía. É tempo para o empresario e un equipo liberado do traballo repetitivo, engade Toledo, que define a IA como "o teu copiloto de rally: ela sen ti non ten dirección, e ti sen ela nunca irás rápido".
Tecnoloxía que comeza cun diagnóstico
A porta de entrada a calquera proxecto é sempre un diagnóstico estratéxico, o chamado Intelligence Blueprint, a partir do cal se priorizan as automatizacións con maior retorno antes de tocar nada. A propia D-IA, formada hoxe por un equipo de cinco persoas, aplica internamente o método que ofrece aos clientes: boa parte das súas tarefas operativas execútanas axentes de intelixencia artificial propios. "Se non mo aplico a min, non cho podo vender", afirma Rodríguez.

“"A IA é o teu copiloto de rally: ela sen ti non ten dirección, e ti sen ela nunca irás rápido."