O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) xestionará estas achegas, coas que se prevé chegar a máis de 4.500 beneficiarios. As axudas activáronse coa maior axilidade posible tras a aprobación da repartición de fondos entre comunidades autónomas o pasado 21 de outubro. A Galicia asignáronselle 1.652.583,30 euros, complementados con 2 millóns de euros de financiamento autonómico.
Tras a publicación, os interesados poderán aceptar ou rexeitar a axuda a través dun formulario na Sede electrónica da Xunta. O pagamento das axudas aceptadas realizarase antes de que finalice o ano. A medida terá carácter horizontal, aplicándose a todos os sectores agrícolas e gandeiros que cumpran as condicións establecidas.
Os requisitos principais inclúen estar de alta no RETA ou SETA na rama agraria, obter polo menos o 25 % dos ingresos da actividade agraria e presentar a Solicitude Única da campaña da PAC 2026. O importe das axudas, que oscilarán entre 100 e 6.010 euros por beneficiario, determinarase segundo criterios obxectivos relacionados coa superficie agraria, segundo a metodoloxía do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación.




