O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, Martín Alemparte, destacou hoxe en Santiago de Compostela o papel das xornadas Food Insights | The Great Reset como ferramenta fundamental para identificar novas oportunidades para a calidade diferenciada galega. O evento, organizado polo Clúster Alimentario de Galicia, centrouse na análise dos cambios que están a redefinir os mercados e os hábitos de consumo.
Alemparte puxo en valor este tipo de encontros como espazos de coñecemento que permiten comprender a evolución das demandas dos consumidores. Subliñou que coñecer cara a onde evolucionan os mercados resulta esencial para adaptar as estratexias de promoción e valorización dos produtos con selo de calidade, reforzando así a súa competitividade e a súa capacidade para xerar valor no territorio.




