Estas achegas, publicadas hoxe no DOG, teñen como finalidade sufragar os gastos derivados da realización de actividades de representación e formación. Os beneficiarios son as organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias legalmente constituídas e con implantación en Galicia, así como as persoas agricultoras galegas en xeral.
Os fondos permitirán cubrir custos de funcións e actuacións propias conforme á normativa legal, xestións internas ordinarias e a participación en órganos colexiados ante a Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados, como mesas ou comisións.
Ademais, a través desta partida poderase financiar a formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario. Tamén se apoiarán actividades de fomento do asociacionismo agrario.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, a contar dende mañá, día seguinte á publicación desta orde no DOG.




