A Consellería do Medio Rural publicou hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha resolución pola que se estende a época de perigo alto de incendios forestais durante o ano 2026. Inicialmente previsto ata o 30 de setembro, e ampliado posteriormente ata o 15 de outubro, o período de alto risco prolongarase agora ata o 31 de outubro.
Esta decisión vén motivada polas actuais condicións meteorolóxicas que agravan o risco de lumes. A orde que determina a época de perigo alto, publicada o pasado 11 de xuño, xa contemplaba a posibilidade de modificar estas datas en función das circunstancias.
Durante este período de alto risco, Galicia manterá un operativo de vixilancia e garda constante. A Consellería lembra á cidadanía a importancia de colaborar e estar alerta.
“"En caso de detectar algún lume forestal, deben chamar ao número de teléfono gratuíto 085."
Ademais do teléfono 085, a Consellería pon a disposición a aplicación móbil ALume para avisar sobre incendios forestais activos. Tamén existe un teléfono anónimo e gratuíto, o 900 815 085, para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria sospeitada ou coñecida.




