A Xunta e Coirós buscan mellorar o abastecemento de auga

A conselleira Ángeles Vázquez e o alcalde Francisco Quintela avalían proxectos para optimizar a rede ante o aumento da demanda.

Imaxe 1 de 2 asociada á nova

Xunta de Galicia · 2026-10-14

A conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Coirós, Francisco Quintela, reuníronse para avaliar medidas que optimicen a rede de abastecemento de auga no municipio.

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Coirós, Francisco Quintela Requeijo, avaliaron hoxe en Santiago de Compostela as posibilidades de acometer medidas para optimizar a rede de abastecemento do municipio.
Ángeles Vázquez comprometeuse a estudar o proxecto que o alcalde presentou a Augas de Galicia para mellorar as condicións de almacenamento de auga desta localidade coruñesa.
O obxectivo, segundo explicou o alcalde no encontro, é dar resposta ao incremento da demanda de auga potable como consecuencia do aumento da poboación e da expansión do parque empresarial, coa implantación de novas industrias con elevado consumo de auga.
A Xunta de Galicia, a través da consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, presta apoio técnico e económico aos concellos galegos para contribuír a que exerzan as súas competencias en materia de saneamento, depuración e abastecemento de augas de xeito eficiente e presten servizos de calidade á súa veciñanza.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Xunta de Galicia — Notas de prensa (portal central, cubre todas as consellerías) (14/10/2026)