A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, facilita o acceso a estas probas para quen non poida acudir presencialmente. O prazo de inscrición é de dez días hábiles a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia.
As solicitudes deben presentarse a través da sede electrónica da Xunta e da plataforma de teleformación da Secretaría Xeral da Lingua. Para realizar o exame, os solicitantes necesitarán un ordenador con conexión a internet, cámara web e micrófono, ademais dun teléfono móbil para un segundo punto de vista.
No caso de que haxa máis solicitudes que prazas, a asignación realizarase mediante un sorteo aleatorio que terá lugar o 4 de novembro no salón de actos da sede da Secretaría Xeral da Lingua.




