O obxectivo da Fundación Galtia é contribuír á excelencia científica de Galicia mediante a captación de investigadores de renome mundial en áreas estratéxicas para a I+D+i. O posto de director/a científico/a require ser catedrático/a dunha universidade pública e acreditar unha sólida traxectoria investigadora e de xestión.
No proceso selectivo valoraranse as publicacións científicas, os indicadores bibliométricos, as actividades e recoñecementos, así como a experiencia en xestión pública universitaria e transferencia de coñecemento. O prazo para presentar solicitudes remata o vindeiro 23 de novembro.
A fundación, impulsada pola Xunta de Galicia, prevé atraer ata 30 investigadores de alto nivel ata 2030. Recentemente, Andrea Belén Pensado López foi seleccionada como xerente da entidade.




