O programa busca formar, sensibilizar e implicar á comunidade escolar galega na economía circular e na mellora da xestión dos residuos, promovendo hábitos responsables entre o alumnado, profesorado e familias.
Incluirá obradoiros formativos prácticos, apoio pedagóxico ao profesorado con material específico, e a creación dun distintivo Escola EcoCircular para recoñecer as boas prácticas. Tamén se fomentarán recursos dixitais e un foro en liña para o intercambio de propostas.
Os colexios participantes poderán descargar instrumentos didácticos e inscribirse a través da web oficial do programa.
Ademais, porase en marcha o concurso Misión Circular, que premiará con 5.000, 2.500 e 1.500 euros as ideas máis innovadoras e creativas propostas polos colexios para aplicar os principios da economía circular no seu día a día.




