O galardón, outorgado pola Federación Española de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEAACS), destaca especialmente o traballo na organización do seminario estival das Leccións Xacobeas Internacionais da USC, que o próximo ano cumprirá dúas décadas de existencia. O premio recoñece a contribución das persoas que dirixiron esta iniciativa, incluíndo aos profesores Domingo Luis González Lopo e Miguel Taín Guzmán.
A Cátedra, froito da colaboración coa Turismo de Galicia, foi recoñecida na modalidade 'Un programa de actuación' polos seus esforzos no coidado, promoción e desenvolvemento da peregrinación xacobea, aliñados cos principios da FEAACS.
“"O Premio Pentafinium recoñeceu na súa presente edición o labor de promoción do estudio científico da historia, o patrimonio e o impacto cultural e social da Ruta Xacobea que desenvolve a Cátedra do Camiño de Santiago e as Peregrinacións."
O director da Cátedra, Miguel Taín, foi o encargado de recoller o premio durante o Congreso Internacional de Asociacións Xacobeas celebrado na cidade extremeña.




