O convenio, subscrito entre o Arcebispado de Santiago de Compostela e Cáritas Diocesana, permitirá que este espazo histórico funcione como centro loxístico para as cuadrillas encargadas de realizar traballos de roza e mantemento forestal en parcelas da contorna.
Esta iniciativa ten como obxectivo principal a creación de postos de traballo para persoas en situación de vulnerabilidade, combinando a inserción sociolaboral coa posta en valor do patrimonio e a prevención de incendios forestais.
“"O proxecto representa un compromiso social, pero tamén un compromiso medioambiental, coa sustentabilidade e co noso patrimonio."
As instalacións de San Fins albergarán un almacén e o garaxe para as unidades de traballo que operan na Vicaría de Santiago. Este paso forma parte dunha estratexia máis ampla de Arredonda para consolidar a súa presenza en toda a diocese, con equipos xa operativos noutras áreas como Pontedeume e Pontevedra.




