O encontro, que tivo lugar o xoves e venres, abordou o reto de profesionalizar a contratación pública. Barreiro Díaz destacou a importancia de contar cun instrumento coherente coa Estratexia Nacional de Contratación Pública e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable da Axenda 2030.
A estratexia galega potencia liñas como a compra de produto local e de proximidade de calidade ou a potenciación de sectores estratéxicos para a Comunidade Autónoma.
Así mesmo, incidiuse na necesidade de incrementar a profesionalización do persoal empregado público dedicado á contratación pública. A Estratexia Galega de Contratación prevé mellorar a eficiencia dos recursos humanos, incrementando e mellorando a formación do persoal.




