A actividade desenvolveuse en directo desde a Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Cada peza elaborada polos alumnos foi validada por tres persoas —dúas verificadoras e unha editora— antes da súa publicación. O profesor Jorge Vázquez Herrero, coordinador académico do proxecto, destacou que se trata dunha experiencia dinámica que permite expandir as aulas para contribuír a unha sociedade mellor informada.
A iniciativa dá continuidade á realizada nas eleccións autonómicas de 2024 e enmárcase na materia Documentación xornalística. Forma parte do programa Verificatón de Newtral, que reúne a máis de 250 estudantes de 15 universidades españolas. Este medio especializado en fact-checking ofreceu aos estudantes unha formación específica e dará seguimento nunha sesión posterior.
“"Afinar no proceso de verificación que necesita calquera xornalista e participar con Newtral nas nosas primeiras eleccións"
Os alumnos destacaron a importancia de aprender a xestionar a desinformación nas redes sociais. O proxecto continuará ata o venres 27 de novembro, cun obxectivo de preto de 100 verificacións realizadas durante esta campaña electoral.




