A institución municipal informa de que as caixas estarán dispoñibles entre hoxe e mañan en cada un dos establecementos de alimentación do Concello de Meis. O obxectivo é garantir que todas as familias necesitadas poidan dispoñer destes produtos nos seus fogares durante as festas.
O Concello de Meis anima á veciñanza a sumarse a esta causa solidaria para garantir un Nadal con recompensa para todos os veciños e veciñas.




