A final, disputada este fin de semana na Coruña, tivo un desenlace cruel para o conxunto coruñés. Os cataláns adiantáronse no minuto dez da primeira metade, pero o Compañía de María, espoleado polo seu público, logrou o empate na segunda parte grazas a un gol de Julen Couto. Non obstante, o esforzo non foi suficiente, xa que Ignasi Català marcou o gol decisivo para o Riudebitlles nos últimos compases do encontro.
Na categoría júnior, o Compañía de María conseguiu o terceiro posto tras vencer ao Ordes por 0-2, desquitándose así da derrota sufrida na semifinal contra o Reus.




