O CLM ofrecerá para o primeiro semestre do curso 2026/2027 formación en linguas como alemán, catalán, checo, francés, inglés, italiano e portugués. A convocatoria completa, co procedemento de solicitude de prazas, está dispoñible na páxina web do Centro.
Ademais, publicouse a convocatoria das Probas de Acreditación de Competencia Lingüística (PCL) do CLM para o mesmo curso académico. Estas probas avalían as catro destrezas lingüísticas (expresión oral e escrita, comprensión auditiva e lectora) e están adaptadas aos niveis do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).
A inscrición para as probas de certificación DELF (niveis B1 e B2) está aberta ata o 25 de setembro. Estas probas realizaranse en outubro no CLM da USC, en Santiago e Lugo. O DELF (Diploma de Estudos en Lingua Francesa), expedido polo Ministerio de Educación Nacional de Francia, é unha certificación oficial recoñecida internacionalmente e sen data de caducidade, que facilita o acceso a estudos en universidades francófonas e a bolsas Erasmus.
As persoas interesadas en obter o certificado DELF poden descargar a ficha de inscrición e consultar os requisitos de matrícula na web do CLM. Para calquera dúbida, pódese contactar co enderezo de correo electrónico clm.delf@usc.gal.
O CLM actúa como centro colaborador para a organización na USC de recoñecidos exames oficiais internacionais, ademais de colaborar con centros como o Instituto Cervantes ou o Instituto Ramón Llul para a realización doutros exames que outorgan certificados oficiais.




