A iniciativa, que aínda mantén as inscricións abertas, foi presentada polo presidente do COB, Diego Regueira, o coordinador da canteira Diego Seara, o deputado provincial Jorge Pumar e o xogador do COB Isaac Vázquez.
O campus desenvolverase en horario matinal, dende as 08:30 ata as 14:00 horas, para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares. A formación correrá a cargo de técnicos de primeiro nivel, incluíndo membros do primeiro equipo do COB, liderados por Moncho López, ademais de xogadores que compartirán as súas experiencias.
Están confirmados xogadores como Martín Fernández, Martín Iglesias e o propio Isaac Vázquez. A xogadora internacional ourensá Paula Ginzo exercerá de madriña do evento, que tamén contará cun nutricionista, un preparador físico e un fisioterapeuta.
“"É moi gratificante formar parte do día a día dos nenos e nenas da canteira do COB e abrir as portas dun campus nun espazo espectacular como é o Pazo"
O deputado Jorge Pumar destacou o potencial da canteira do COB, mentres que Isaac Vázquez subliñou a importancia de manter aos mozos e mozas enganchados ao baloncesto.
Ademais, o COB colaborará co Basketdeza na organización dun campus en Lalín do 6 ao 10 de xullo, que tamén contará coa participación de Moncho López e os xogadores Martín Iglesias e Diogo Seixas.




