Un matrimonio foi trasladado na tarde deste mércores ao hospital comarcal de Monforte despois de sufrir un accidente de tráfico na estrada Nacional 120, no municipio de A Pobra do Brollón. O turismo no que viaxaban saíuse da vía e acabou envorcado na cuneta ao redor das seis da tarde, por causas que se investigan.
Un particular que circulaba pola zona presenciou o sinistro, alertou ao 112 Galicia e auxiliou á parella a saír do coche polas ventás, evitando que quedasen atrapados. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros do GES de Quiroga, axentes da Garda Civil de Tráfico e ambulancias do 061.
A pesar de que ambos presentaban feridas leves, os sanitarios decidiron levalos ao hospital monfortino para unha exploración máis exhaustiva. Os servizos de emerxencia aseguraron a zona e coordinaron a retirada do vehículo, mentres a Garda Civil regulaba o tráfico nun tramo moi concorrido da vía.




