A xornada comezará ás 11.30 h cunha rolda de prensa do concelleiro de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais, Xan Duro, na Casa do Concello, para informar sobre asuntos da súa área.
Posteriormente, ao redor das 13.00 h, terá lugar o Día de Padrón en Santiago. A Corporación de Padrón chegará á cidade e será recibida nos soportais polo Concello de Santiago de Compostela, onde se realizará o tradicional intercambio de pendóns.
A continuación, ás 13.05 h, celebrarase unha recepción no salón nobre do Pazo de Raxoi. Intervirán Anxo Rei Arca, alcalde de Padrón, e Goretti Sanmartín Rei, alcaldesa de Santiago de Compostela. Tras as intervencións, as autoridades sairán ao balcón para escoitar as Bandas de música.
Programa das Festas do Apóstolo
Este evento enmárcase dentro do programa das Festas do Apóstolo.




