A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, mantivo esta tarde en San Caetano un encontro de traballo coa alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo. Na xuntanza abordaron posibles actuacións para a mellora viaria do entronque da estrada AC-840 coa praza do Concello.
Na reunión tamén participou a directora territorial da Consellería na Coruña, Begoña Freire. A Xunta de Galicia reafirma o seu compromiso de apoio aos municipios para executar proxectos que contribúan á mellora da calidade de vida da veciñanza e ao reforzo da competitividade económica.




