Ás 12.00 h, a Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela participará no TRADFEST cun concerto na Praza da Quintana. Baixo a dirección de David Fiuza, e coas interpretacións de María López (gaita e zanfona), Nuno Estévez (acordeón) e Ernesto Martínez (voz e frauta), a banda ofrecerá un percorrido pola música tradicional galega a través de arranxos sinfónicos de Pedro Lamas. O concerto busca o diálogo entre a tradición e as novas xeracións de intérpretes. A alcaldesa, Goretti Sanmartín, asistirá ao evento.
Posteriormente, ás 14.00 h, a alcaldesa e a Corporación municipal realizarán unha recepción na Casa do Concello á Asociación do Traxe Galego. Este acto enmárcase dentro da celebración do Día do Traxe, como parte das Festas do Apóstolo.
A xornada culminará ás 19.45 h na Praza da Quintana cunha exhibición, concurso e entrega de diplomas de traxes tradicionais, completando así as actividades programadas para este día.




