A proba deportiva, que naceu como homenaxe a un profesor do centro falecido por un agresivo tumor cerebral, sumou este ano 838 inscritos. Os participantes percorreron un circuíto deseñado para seguir impulsando a loita contra esta enfermidade.
A recadación da xornada destinarase ao equipo de investigadores que traballan con peixes cebra na busca dunha cura para o glioblastoma. A iniciativa tamén contou coa venda de artigos organizada por alumnos, que achegaron máis de 200 euros á causa.
A cita deportiva segue en pé, sumando cada ano máis participantes.
A popular carreira, que atrae participantes de todas as idades e que este ano incluso permitiu a participación de mascotas, contou coa presenza de autoridades locais, incluída a alcaldesa, Elena Candia.




