Para comezar, como definirías a esencia do estudo e quen hai detrás do proxecto?
A nosa esencia é o foco, hilar fino, chegar máis aló do previsto. Demostramo-la cando deseñamos unha presenza memorable e estratéxica, dentro e fóra de internet, para que quen te vexa, te elixa. Detrás do proxecto estou eu mesmo, Caco Martín, deseñador e consultor. Canario con ás de gato.
Como foi a traxectoria ata chegar ao punto no que está hoxe o estudo?
Comecei alá polo 2010 como emprendedor freelance, con todas as subidas e baixadas de montaña rusa que poidas imaxinar. Todo comezou en Canarias, despois de moitos anos traballando como escaparatista e de chegar ao efervescente mundo do deseño web, que empezaba a ser moi popular.
Os meus primeiros encargos foron webs para todo tipo de emprendedores e, aos poucos, comezaron a chamarme para proxectos máis retadores, tanto por tamaño como por tipo de cliente: proxectos culturais, festivais, algúns convertidos cos anos en ecosistemas dixitais. En 2020, como a moitos profesionais, tocoume replantexarme cousas, entre elas dar o salto a Madrid para seguir crecendo e ampliar a miña rede de colaboradores e clientes.
Cando chega un cliente novo, cal é o primeiro paso?
Escoitalo. E non só como quere a súa web: iso é case o menos importante. Para crear unha solución real é vital entender en que momento está o seu proxecto ou empresa, as persoas que a conforman e os retos aos que se enfrontan. Sen iso, só fariamos unha web bonita que non serve para nada.
“"Escoitar, entender e propor. Nunca ao revés."
Tedes un nivel de acerto nas propostas que roza o 98%. Como se consegue esa precisión?
Teño que confesar, entre risas: non é un farol! Díxeno por primeira vez tras moitos anos de acertos, na charla-taller «Deseña unha web que non pareza o típico WordPress», dentro da WordCamp Madrid 2025.
Hai dous detalles clave para que a proposta sexa un si: entender o proxecto, e as persoas que están detrás, e apostar por ir máis aló do que se espera. Sempre digo que unha páxina web debe mostrar o que queres chegar a ser, cos pés afincados nas túas fortalezas pero mirando ao teu futuro.
Ás veces o que imaxina o cliente non coincide co que propoñedes, e aínda así superades as súas expectativas. Como se logra ese xiro?
Ás veces a sorpresa é parte desa aceptación. Non é só a estética ou o deseño en si. Moitas veces é por darlle unha volta de torca á comunicación do negocio, por descubrir oportunidades onde antes había debilidades. Incluso por resolver cuellos de botella na xestión interna que logo se ven reflectidos nos servizos ou produtos da web.
Nun sector tan competitivo, que vos diferencia do resto?
Que non traballamos con calquera tipo de cliente. Hai tantos estudos onde elixir que cada cliente pode traballar cos profesionais que mellor se adapten ás súas necesidades. Gústanos crear unha relación sólida no tempo, ver crecer aos nosos clientes e acompañalos nos seus fitos. Moitos levan connosco case dende o principio, cando era freelance. Aínda que ofrecemos servizos dixitais, sempre traballamos con persoas.
Diferéncianonos a profundidade do traballo, e iso logramo-la coa consultoría: chegamos ao máis fondo de cada proxecto para buscar solucións e melloras. A web é o comezo de todo o demais.
Hai algún proxecto do que gardes un cariño especial?
Que difícil pregunta. Hai uns cantos, pero se tivese que citar algún é, sen dúbida, a web para o arquitecto Virgilio Gutiérrez Herreros. No momento en que estaba de moda o esceomorfismo, alá polo 2013, traballar con el man a man foi un exercicio creativo enorme. Abriume a mente a outras formas de abordar o deseño, o concepto e a mensaxe. Segue sendo o meu referente hoxe día.
Como é o día a día do equipo ante un reto creativo ou técnico?
Fíxate, non é nada grandilocuente: traballamos online a maior parte das veces. O meu equipo é unha rede de colaboradores independentes e, cando chega un reto, o primeiro que fago é escoitar as súas propostas, analizar e ser rápido na medida do posible. Os retos creativos sempre son máis fáciles de resolver; os técnicos teñen moitas pezas físicas e dixitais e son máis complexos, aínda que tamén teñen solución creativa.
Que tendencias do sector che motivan máis agora mesmo?
A principios dos 2000 as fotos de stock puxeron patas arriba o sector do deseño web, coa estandarización de estéticas. Iso fixo que as fotos reais do equipo dunha empresa tivesen aínda máis valor que as dun grupo de mozos suecos sobre fondo branco. Diríache que agora a intelixencia artificial pasa por un momento similar: abarca moito máis que as fotos e o seu uso se estandarizou a unha velocidade de tolos.
Pero o que me motiva a seguir creando é prestar atención ás aptitudes que fan posible a creatividade e o coñecemento humano. Comunicarche con xente moi variada, aprender cousas novas para ter coñecementos amplos e incluso confiar na miña intuición son dons que, ata agora, ningunha máquina pode replicar.
“"A intuición séntese. Iso é de humanos. E mentres haxa humanos aos que hai que dar solucións no terreo que sexa, hai traballo."
Onde nos poden atopar quen queira coñecer o voso traballo?
En cacomartin.com, aí estamos listos para comezar. O teu proxecto está agardando.




