A mañá do sábado 25 de xullo de 2026 comezará ás 10.00 h na Praza do Obradoiro co acto da Ofrenda ao Apóstolo Santiago. O delegado rexio será o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices. Tras a chegada do delegado rexio, ás 10.10 h, terán lugar as honras, o pase de revista e a retirada de bandeira e forza.
Posteriormente, formarase a comitiva oficial e producirase o encontro no centro da praza entre a comitiva eclesiástica e a civil, co saúdo do arcebispo ao delegado rexio. A entrada na Catedral realizarase pola escalinata da Praza do Obradoiro.
A cerimonia relixiosa da Ofrenda ao Apóstolo Santiago comezará ás 10.30 h. Ao finalizar a cerimonia relixiosa, sobre as 12.15 h, a comitiva oficial dirixirase ao Pazo de Raxoi para a sinatura no Libro de Honra do Concello por parte do delegado rexio, unicamente para fins gráficos.
Pola tarde, ás 17.45 h, no Panteón de Galegos e Galegas Ilustres, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asistirá á Ofrenda a Rosalía, acompañada pola primeira tenenta de alcaldesa, María Rozas.
O programa cultural continuará ás 20.00 h no Teatro Principal coa celebración do acto Alba de Compostela. Previamente, ás 19.15 h, realizarase unha foto de familia (só gráficos) e ás 19.30 h, no ambigú do Teatro, as persoas recoñecidas asinarán no Libro de Honra do Concello (só gráficos).
O acto Alba de Compostela será emitido en streaming a través da páxina web municipal.




