Ás 11.00 h, a Praza do Obradoiro será o escenario da recepción ás crianzas que participan no Campamento Urbano organizado polo Centro Xuvenil Don Bosco.
Posteriormente, ás 11.15 h, na Casa do Concello, celebrarase unha rolda de prensa coa portavoz do goberno, Míriam Louzao, e o concelleiro de Vivenda e Urbanismo, Iago Lestegás. Abordarán os asuntos tratados na Xunta de Goberno local.
Xa ás 12.00 h, na mesma Casa do Concello, Míriam Louzao, tamén concelleira de Capital Cultural, presentará o festival Feito a Man. Nesta presentación tamén participarán a directora do festival, Ánxeles Porto, e o presidente da Asociación Cultural Cidade Vella, Jesús Pais.




