Na xuntanza, celebrada hoxe, a conselleira mantivo un encontro coa directora xeral de Conxemar, Yobana Bermúdez, e o director adxunto da entidade, Pablo Cadarso. Durante a reunión, abordouse a situación actual do sector e os representantes da organización presentaron á conselleira os novos proxectos nos que se atopan a traballar.
A Consellería do Mar e Conxemar manteñen na actualidade un convenio de colaboración vixente, cuxo obxectivo é a promoción e a mellora da comercialización dos produtos conxelados da pesca. Este acordo, para o ano 2026, conta cunha achega económica de 230.000 euros por parte do Goberno galego.
No conxunto da última década, a Consellería do Mar investiu un total de 1,5 millóns de euros en oito convenios de colaboración asinados con esta asociación, subliñando así o apoio continuado á industria transformadora de produtos do mar en Galicia.




