O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubiela, acordaron a convocatoria deste premio en homenaxe á escritora Nélida Piñón, quen mantivo fortes vínculos coa creatividade galega, lusófona e latinoamericana.
Ambos destacaron o prestixio acadado polo certame nas súas dúas edicións anteriores, subliñando a calidade dos manuscritos presentados. Na primeira edición (2015), o gañador foi Xesús Castro Yáñez con O vello e o minotauro, mentres que en 2018, Anatema de Daniel Asorey foi distinguido.
O representante da Xunta sinalou que estes certames son unha "ferramenta útil para darlle pulo á creación literaria na nosa lingua, ao tempo que para sumar lectores ao noso idioma", e enmarcou estas iniciativas dentro das medidas do Plan de normalización da lingua galega.




