A xornada de doazón de sangue terá lugar o xoves 19 de novembro, en horario de 15:30 a 21:00 horas, na rúa diante do CEIP DE PEDROUZOS. ADOS lembra a importancia de doar sangue para garantir a atención hospitalaria en Galicia, onde cada día se precisan entre 400 e 500 doazóns.
Segundo datos proporcionados, 3 de cada 10 doentes que reciben compoñentes sanguíneos en Galicia padecen cancro, leucemia ou linfoma; 3 de cada 10 tiveron unha intervención cirúrxica; e 3 de cada 10 sofren algún tipo de anemia.
As persoas interesadas en doar poden consultar máis información e os requisitos necesarios na páxina web oficial de ADOS (ados.sergas.gal) ou chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.




