As novas vivendas construiranse na parcela da rúa Agriños, cedida gratuitamente polo Concello. As obras terán un prazo de execución de 19 meses. A promoción, que constará de baixo, cinco alturas e áticos, contará con fogares de eficiencia enerxética A, dispoñendo de 2, 3 e 4 dormitorios.
Ademais desta promoción de 79 vivendas, a Administración autonómica creará outras 140 vivendas públicas noutra parcela cedida en Galdrachán, tamén no Concello de Ames. Deste xeito, Ames súmase aos 18 concellos galegos que ceden solo á Xunta de xeito gratuíto para a construción de vivenda pública.




