O sinistro tivo lugar arredor das 13.45 horas no punto quilométrico 127 da estrada N-550. Segundo os datos facilitados polos servizos de emerxencia, o turismo que conducía a muller chocou frontalmente contra un camión bañera.
Tras recibir o aviso dun particular, desprazáronse ata o lugar efectivos da Garda Civil de Tráfico, profesionais sanitarios do 061 e unha dotación de bombeiros. Estes últimos foron os encargados de realizar as tarefas de excarceración para liberar á condutora, que quedara atrapada no interior do habitáculo.
Aínda que o equipo médico logrou estabilizar á ferida no mesmo lugar do suceso, o seu estado de saúde mantense grave debido á severidade das lesións provocadas polo impacto. O accidente provocou importantes retencións de tráfico na zona durante a tarde.




