O Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés xa conta cunha mascota corporativa. Bautizada como Toxiño, esta nutria, inspirada no ecosistema do río Lérez e co toque celeste do Real Club Celta de Vigo, naceu co obxectivo principal de reducir o medo e a ansiedade dos pacientes pediátricos fronte ao contorno hospitalario.
A artífice desta iniciativa é Mariña Couceiro, graduada en Comunicación Audiovisual e estudante de máster na UVigo, quen desenvolveu o personaxe durante as súas prácticas no gabinete de comunicación da área sanitaria. A súa meta era "humanizar a asistencia sanitaria" e empregar a Toxiño en pezas audiovisuais dirixidas á poboación infantil, utilizando unha linguaxe sinxela e terapéutica.
A elección da nutria non foi casual. Couceiro destaca que este mamífero representa a vitalidade, a simpatía e o equilibrio, calidades desexables nun momento delicado de saúde. "Queríamos que a mascota contaxiase esa forza e ese dinamismo, non a seriedade ou o medo que a veces transmite a sanidade", explica, engadindo que Toxiño será "un compañeiro que lles di aos máis pequenos: O pódovos pasar ben e imos coidar de ti".
O nome "Toxiño" xurdiu de forma espontánea, a partir dun termo cariñoso que algunhas compañeiras usaban para referirse a persoas que, aínda que renuentes ao afecto externo, gardan "pura tenrura" no fondo. A inspiración deportiva tamén foi clave, buscando crear unha figura que unise ao "equipo" sanitario, reflectindo a idea de que "ningún xogador é tan bo como todos xuntos".
O proxecto conta coa colaboración de Raúl Álvarez Salcedo e Miguel Gómez Longo, do gabinete de comunicación da Área Sanitaria, quen perfilan a estratexia de implantación de Toxiño. Inicialmente, a mascota aparecerá en vídeos, pero non se descarta a súa materialización noutros formatos co fin último de "que o contorno hospitalario non sexa hostil" para os pacientes máis novos.




