A formación política defende a necesidade dun módulo cuberto que permita aos atletas adestrar en condicións óptimas durante os meses de outono e inverno, cando as condicións meteorolóxicas son máis adversas.
Esta medida temporal beneficiaría aos máis de 500 deportistas que practican atletismo nos dous clubs da cidade, o Atletismo Rías Baixas e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra, mentres se agarda por unha instalación permanente.
Ademais da proposta provisional, a iniciativa plenaria tamén insta á Xunta, á Deputación e ao propio Concello a establecer unha mesa de traballo. O obxectivo sería buscar vías de financiamento e unha ubicación axeitada para a creación dunha pista cuberta de uso permanente na cidade.
A Xunta ten previsto desenvolver un módulo similar no futuro centro de alto rendemento de Cernadiñas Novas, situado en Xeve, o que podería complementar as necesidades da cidade a longo prazo.




