Esta cita anual, xa consolidada no calendario de eventos da comarca, busca fomentar a participación feminina no deporte e reivindicar o seu papel na sociedade. A modalidade nocturna, que se iniciou con éxito nas dúas edicións anteriores, permite ás participantes gozar dun percorrido urbano baixo as estrelas.
Xuntas gozando de correr pola noite por Pontevedra.
A proba, organizada por Diario de Pontevedra co apoio da Agrupación Deportiva HQR!, conta co patrocinio principal da Concellería de Deportes do Concello de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra. Ademais do seu carácter deportivo, a carreira ten un fin solidario, xa que os fondos recadados destinaranse á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) para financiar proxectos de investigación e apoio.
O circuíto de cinco quilómetros, totalmente urbano e accesible, comezará e rematará na Praza da Ferrería. Percorrerá puntos emblemáticos da cidade como o Paseo Antonio Odriozola, a Praza da Peregrina, a rúa PeregrinaGarcía Camba, a Praza San Xosé, a Alameda e a Praza de España, entre outros. A inscrición está aberta a todas as mulleres sen límite de idade, e tamén se ofrece un dorsal solidario para quen desexe apoiar a causa sen participar na carreira.




