Aprobada a senda peonil e ciclista da PO-308 entre Combarro e Samieira

O proxecto, cun investimento de 1,4 millóns de euros, mellorará a seguridade viaria e a mobilidade nun tramo de 2,5 quilómetros.

Aprobada a senda peonil e ciclista da PO-308 entre Combarro e Samieira

Concello de Poio. Tódolos dereitos reservados

A Xunta de Galicia aprobou provisionalmente o proxecto para construír unha senda peonil e ciclista de 2,5 quilómetros na estrada autonómica PO-308, ao seu paso polas parroquias de Combarro e Samieira.

O proxecto, que conta cun investimento de máis de 1,4 millóns de euros, someterase a información pública co obxectivo de mellorar a seguridade viaria e a mobilidade nunha estrada que rexistra unha intensidade media de 15.000 vehículos ao día. A nova senda terá un largo de 2,02 metros e executarase en pavimento de ton terroso.
Incluiranse tamén obras de drenaxe, repintado de marcas viarias, sinalización vertical e a disposición de canalizacións para iluminación e telecomunicacións. Tamén se prevé a instalación de bancadas en distintas zonas.
Unha vez resolta a información pública, o proxecto será aprobado definitivamente. A previsión é licitar, adxudicar e iniciar as obras no segundo semestre de 2027, cun prazo de execución de 18 meses. As actuacións financiaranse con fondos Feder 21/27.
Información elaborada a partir da fonte oficial: Concello de Poio (03/11/2026)