O enxeñeiro industrial Pablo Fernández tomou posesión este martes como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra. Substitúe no cargo a Javier Arias e comprometeuse a manter a colaboración con todos os concellos da provincia.
Fernández, que foi concelleiro nesta cidade entre 2011 e 2015, e de novo entre 2019 e 2023, achega unha ampla experiencia. Ademais da súa traxectoria no sector da enxeñaría, onde fundou e dirixiu o seu propio estudo, tamén presidiu a Asociación de Mocidade Empresaria de Pontevedra. Nos últimos dous anos, exercía como secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais.
Traballará para manter a colaboración con todos os concellos da provincia.
Durante o seu discurso de toma de posesión, o novo delegado agradeceu a "confianza depositada" nel e reafirmou o seu compromiso co traballo conxunto coas administracións locais.




