A folga contra o Estatuto Marco proposto polo Ministerio de Sanidade está a afectar significativamente o servizo no Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Segundo fontes sindicais como o Sindicato de Médicos de Galicia (Simega), a taxa de seguimento no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHUP) alcanzou o 70% na quenda da mañá, mentres que no Hospital do Salnés chegou ao 75%.
Estes datos contrastan coas cifras oficiais de Sanidade, que sitúan o índice de seguimento no CHUP nun 21,94%, sendo o terceiro máis alto das sete áreas sanitarias galegas. O Hospital do Salnés rexistra un 24% de seguimento, o que o converte no hospital comarcal con maior respaldo á mobilización, lonxe doutros centros como o de Cee (5,66%).
A Atención Primaria tamén rexistra un menor índice de participación, cun 2,90% no Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, segundo os datos de Sanidade. Ademais, cirurxiáns e anestesistas manteñen suspendidas as peonadas, unha ferramenta utilizada pola administración para reducir as listas de espera cirúrxicas.
A principal demanda do corpo médico é a aprobación dun estatuto propio que adapte a lei ás particularidades da súa formación, xornada laboral e responsabilidade clínica. O Sindicato de Médicos de Galicia esixe ademais o cumprimento de acordos pendentes, como a actualización do acordo de urxencias hospitalarias de 2007 e o desenvolvemento de módulos compensatorios para o persoal maior de 55 anos.
Dende o inicio da folga, no Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés suspendeéronse 571 cirurxías, 13.833 consultas hospitalarias e 823 probas diagnósticas, segundo cifras oficiais da administración sanitaria.




