Esta acción enmárcase nun plan máis amplo para transformar as instalacións de uso público do municipio en espazos cardioprotexidos. O edil Antonio Traba salientou a importancia crucial destes equipos, que poden ser determinantes en situacións de emerxencia.
“"Contar cun desfibrilador nunha instalación deportiva municipal é fundamental porque pode marcar a diferenza entre a vida e a morte nunha emerxencia cardíaca."
Os dispositivos DEA están deseñados para ser utilizados por calquera persoa, mesmo sen formación sanitaria previa, xa que o propio aparello guía ao usuario para actuar con rapidez e restablecer o ritmo cardíaco mediante unha descarga eléctrica controlada.
Con estas recentes incorporacións, o Concello de Marín segue a expandir unha rede que xa ofrecía cobertura nos pavillóns de A Raña, O Sequelo e A Cañota, así como no Estadio Municipal de San Pedro.
Segundo detallou Traba, o despregamento continuará, xa que está previsto instalar unidades adicionais proximamente no IES Mestre Landín e no CEIP de A Laxe, estendendo así a cobertura de seguridade a máis centros educativos da localidade.




