A proposta, impulsada polo Concello de Pontevedra, premiará aos consumidores que realicen compras por un importe superior aos 20 euros nos negocios adheridos. Estes clientes recibirán un vale para gozar dun café e un cruasán de balde en establecementos colaboradores como Acuña ou A'Devesa.
A responsable da área de Promoción Económica destacou a importancia desta medida para dinamizar a economía local. A campaña, que arranca este venres, busca consolidarse como unha ferramenta de apoio ao sector comercial da cidade a longo prazo.
Os establecementos participantes, entre os que non se inclúen tendas de alimentación, estarán identificados cun distintivo nas súas fachadas. Ademais, a cidadanía pode consultar a listaxe completa de locais adheridos a través da páxina web oficial do Concello de Pontevedra.




