O orzamento inicial de 2023 para a restauración do emblemático edificio, adxudicado á empresa Nieto Sobejano, será superado debido ao encarecemento das obras. A Deputación aínda non fixou unha data para a licitación.
O vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, sinalou a necesidade de acelerar o proceso, pero recalcou a importancia de realizar os estudos pertinentes para evitar erros. Tamén expresou o seu desexo de contar xa coa licenza do Concello, cuxa concesión está pendente de novas catas arqueolóxicas e do permiso previo de Patrimonio.
Ademais, confirmouse que a musealización incluirá un edificio subterráneo no claustro e nos xardíns, cunha redución do 20% respecto ao plan orixinal. Domínguez destacou o inicio dos sondeos arqueolóxicos como un "paso fundamental" para que Santa Clara se converta no museo desexado, cualificándoo como "o quilómetro cero de Pontevedra".




