O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia fixo público o nome do gañador este martes en Pontevedra, nun acto que contou coa presenza da decana do CPXG, Belén Regueira, e o secretario do premio, Darío Janeiro. Tamén asistiron o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a concelleira Anabel Gulías.
Precedo foi seleccionado por defender o dereito ao segredo xornalístico durante un xuízo no Tribunal Supremo contra o exfiscal xeral Álvaro García Ortiz. O xornalista declarou como testemuña, afirmando que accedera a un correo electrónico por vías independentes e acolleuse ao segredo profesional para non revelar as súas fontes.
Este recoñecemento, que mudou o seu lugar habitual de entrega, Ferrol, por Pontevedra, é o que os colexiados entregan anualmente a un profesional ou colectivo destacado na defensa do dereito á liberdade de información e que teñen recibido con anterioridade Jon Lee Anderson, Rosa María Calaf ou #DefendeaGalega.
Esta é a vixésimo segunda edición do galardón, anteriormente coñecido como Premio José Couso. A cerimonia de entrega terá lugar o 9 de maio en Pontevedra, cidade que acolle o evento por primeira vez. Entre os finalistas tamén se atopaban Mary Bruce e a organización Periodistas de Nicaragua.




